|
XOSÉ VÁZQUEZ CASTRO Datos biográficos: |
Xosé Vázquez Castro nace en Ferrol en 1951. Seu pai foi o pintor José Vázquez Doce. Na actualidade reside en Brión (A Coruña).
En 1969 realiza a súa primeira exposición na cidade de A Coruña, á que seguirán outras por diversas vilas de Galicia e España. En 1979 afíncase en Madrid, expoñendo na galería madrileña “Bercowitsch” e na compostelá “Torques”, ao tempo que se forma coma escenógrafo co director de teatro Santiago Doria e o dramaturgo Jaime Salón.
En 1981 expón na Institución Cultural “El Brocense” de Cáceres. Ao ano seguinte viaxa a Venezuela, e realiza exposicións na Embaixada Española e a Irmandade Galega de Caracas. De regreso a España expón na galería “Arboreda” de Ferrol e “Nova Rúa” de Lugo.
En 1983 a galería “Citania” de Santiago de Compostela publícalle a carpeta Catro Acuarelas.
En 1984, xa residindo en Compostela, participa no Festival Interceltique de Lorient (Francia), e realiza a escenografía Eclipse Total, para Teatro “Ítaca”.
En 1985, expón no Museo “Valle-Inclán” da Pobra do Caramiñal e no Hotel “Finisterre” de A Coruña, e ve a luz a carpeta de gravados Lembranzas.
En 1988 expón acuarelas na Sala Durán Loriga da Coruña.
En 1989 expón conxuntamente con óleos e acuarelas no Museo “Bello Piñeiro” e no Casino de Ferrol.
No ano 2000 participa na colectiva Tres Xeracións, na homenaxe que o concello de Ferrol rende ao seu pai. No mesmo ano expón na Galería “José Lorenzo” de Santiago de Compostela.
En 2001 realiza para “Ditea Teatro de Cámara” a escenografía A Pousada de Petra Cotón de Agustín Magán.
No ano 2002 é un dos fundadores da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA), da que é nomeado presidente.
Nestes últimos anos participa en diversas Feiras das Artes Plásticas, no XII Simposio Nacional de Acuarela (Santiago, 2004), na exposición O mar, na “Volvo Ocean Race” (Sanxenxo, 2005), e nas edicións dos “Encontros coa Pintura e a Poesía” organizados pola Deputación da Coruña (2005-2007) e o Concello de Culleredo (2008). Tamén exerce como comisario dos Encontros coa Arte do Concello de Brión (2006-2010). É convidado, con outros artistas galegos, polo Centro “Cultur Modell” de Passau (Alemania).
Posúen obra súa diversas institucións e entidades, entre outras: a Xunta de Galicia, a Fundación Semana Verde de Galicia, Caixanova, “El Correo Gallego”, o Museo “Carlos Maside”, o Círculo das Artes de Lugo, os concellos da Coruña, Brión, Noia, Culleredo e Pobra do Caramiñal, a Embaixada Española e Ran Xerox de Caracas, o Museo “Valle-Inclán”, SODIGA e o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela, os casinos de Vilagarcía e Ferrol, Caixa de Aforros de Ferrol, o Auditorio de Galicia, I.C. “El Brocense” de Cáceres, a Deputación da Coruña ou a Sociedade Liceo de Noia.
Selección das últimas actividades e exposicións:
2003: Sala da Asociación de Artistas Plásticos Galegos ARGA (Santiago de Compostela).
2004: Galería “Alameda” (Vigo); XII Simposio Nacional de Acuarela (Santiago).
2005: Homenaxe a Antonio Machín, Galería “Auriol-Arte” (Santiago); Homenaje a El Quijote (Madrid e Culleredo); O Mar, Club Náutico (Sanxenxo); O espírito de Mariñán, Aula de Natureza "Juan Lembeye" (Culleredo); colectiva de Nadal, Club Financeiro Atlántico (A Coruña).
2006: I Encontro coa Pintura e a Poesía da Deputación da Coruña, Igrexa da Universidade (Santiago); II Encontro coa Pintura e a Poesía da Deputación da Coruña, Fundación “Luís Seoane” (A Coruña); I Encontro coa Arte Lembrando a Rosalía do Concello de Brión.
2007: I Encontro coa Arte do Concello de Brión, Hotel Balneario Compostela; Mariñán 5x5 (Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Casa da Cultura de Porto do Son, Sociedade Liceo de Noia, Sala “Rey Lago” de Culleredo e Real Toxos e Froles de Ferrol; II Encontro coa Arte Lembrando a Cunqueiro Hotel Balneario Compostela do Concello de Brión; Galiza. 5 visións, Galería “Art&Fer Pur Créations” de París.
2008: III Encontro coa Arte Lembrando a Blanco Amor do Concello de Brión; Sociedade “Liceo” de Noia.
2009: Sala de Exposicións “Xosé Rey Lago” (Culleredo). IV Encontro coa Arte Lembrando a Celso Emilio Ferreiro do Concello de Brión.
2010: V Encontro coa Arte Lembrando a Uxío Novoneira do Concello de Brión; IX Feira das Artes Plásticas na cidade da Coruña e colectiva ART encontro 2010 na Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela.
Enlaces:
http://www.xosevazquezcastro.com
http://www.infobrion.com/publico2/culturap.php?id=809
http://www.galegos.info/detalle.php?id=1941&tabla=gallegos
http://www.galegos.info/detalle.php?id=1923&tabla=galegos&destino=galiciadigital
http://www.youtube.com/watch?v=GN6tBkJlfMg



